Capítulo 4

1 Entón eu volvinme e observei todas as opresións que se fan debaixo do sol; e velaí vin as bágoas dos oprimidos, sen ter quen os consolar; na man dos seus opresores estaba o poder, e para eles non había consolador. 2 E dei parabéns aos mortos, aos que xa morreron, máis ca aos vivos. os que aínda viven. 3 Pero mellor que os dous, está o que nunca existiu, que nunca ollou as malas obras que se fan debaixo do sol. 4 E vin que todo o traballo, e toda destreza en obras que fai, esperta a envexa do home contra o seu próximo. Tamén isto é vaidade e correr tras do vento. 5 O necio crúzase de brazos e devora a súa propia carne. 6 Mellor é unha man chea de descanso que dúas cheas con traballo e correr tras do vento. 7 Entón eu volvín e ollei a vaidade debaixo do sol: 8 Había un home só, sen herdeiros, que non tiña fillo nin irmán, porén non había fin a todo o seu traballo. De certo, os seus ollos non se fartaban de riquezas, e nunca dixo para si: Para quen traballo eu e tiro o pracer da miña vida? Tamén isto é vaidade e traballo ruín. 9 Máis valen dous ca un só pois teñen mellor paga do seu traballo. 10 Porque se un cae érgueo o compañeiro; pero ai do que cae cando non haxa quen o erga! 11 Ademais, se dous se deitan xuntos manteñen o calor, pero un só, como ha de quentarse? 12 E se alguén pode prevalecer contra o que está só, dous han resisitilo; e cordón de tres fíos non racha de présa. 13 Mellor é o mozo pobre e sabio, ca o rei vello e insensato, que xa non sabe recibir consellos. 14 Porque saíu da prisión para reinar aínda que naceu pobre no seu reino. 15 Vin a todos os que viven debaixo do sol, apurarse a ir xunto do mozo sucesor que foca no seu lugar. 16 Non tiña fin a multitude de todos os que o seguían, e nin os que despois virán estarán contentos con el; pois tamén isto é vaidade e correr tras do vento.