Capítulo 11

1 Bota o teu pan sobre as augas, porque despois de moitos días atoparalo. 2 Reparte a túa porción con sete, e aínda con oito, porque non sabes que mal che pode vir sobre a terra. 3 Se as nubes están cheas, deitan chuvia sobre a terra; e se a árbore cae ai sur ou ao norte, onde cae a árbore, alí fica. 4 O que mira para o vento non sementa, e o que olla para as nubes non sega. 5 Como descoñeces o camiño do vento, ou como se forman os ósos no ventre da muller empreñada, tampouco coñeces a obra de Deus que fai todas as cousas. 6 De mañá, sementa a túa semente, e pola tardiña non deas repouso á túa man, porque non sabes se isto ou aquilo prosperará, ou se ambas cousas serán igualmente boas. 7 A luz é agradable, e bo para os ollos ver o sol. 8 De certo, se un home vive moitos anos, que en todos se alegre, pero que lembre que os días das tebras han ser moitos. Todo o que aconteza é vaidade. 9 Alégrate, mozo, na túa mocidade, e alégrese o teu corazón nos días da túa mocidade. Segue os camiños do teu corazón e o gustar dos teus ollos; porén, sabe que por todas estas cousas te traerá Deus a xuízo. 10 Por tanto, afasta do teu corazón a fatiga e alinxa o mal do teu corpo, porque a mocidade e a adolescencia son vaidade.