1 Lémbrate, pois, do teu Creador nos días da túa mocidade, 2 antes que veñan os días ruíns, e se acheguen os anos nos que digas: Non teño pracer neles; antes que se escurezan o sol e a luz, a lúa e as estrelas, e tras da chuvia as nubes volvan. 3 O día cando os gardas da casa tremen, e os fortes perdan o vigor, as que moen estean preguizosas porque son moitas, e se oscurezan os que ollas polas xanelas. 4 Cando se pechen as portas da rúa polo baixo son da moedura, e se erga ao caqnto da ave, e todas as fillas do canto sexan abatidas. 5 Cando tamén teman á altura e aos espantos no camiño, e floreza a amendoeira, se arrastre a lagosta e perda o apetito, porque o home vai á súa morada eterna, mentres os do loito andan pola rúa. 6 Lémbrate del antes de que rache o fío de prata, se despedace a cunca de ouro, rompa o cántaro xunto á fonte, e se desfaga a roda xunto ao pozo; 7 entón volverá a po á terra como o que era, e o espírito volverá a Deus que o deu. 8 Vaidade de vaidades di o predicador, todo é vaidade. 9 O predicador, ademais de ser sabio, ensinou tamén sabedoría ao pobo; e examinou, investigou e compuxo moitos proverbios. 10 O predicador procurou palabras agradables, e de escribir correctamente palabras de verdade. 11 As palabras dos sabios son como aguillóns, e como cravos ben cravados as dos mestres, dadas por un Pastor. 12 Pero ademais disto, meu fillo, ten conta: facer moitos libros non ten fin, e o dedicarse moito ao estudo trae fatiga ao corpo. 13 A conclusión, despois de escoitar todo, e esta: Teme a Deus e garda os seus mandamentos, porque isto é o todo para toda persoa. 14 Porque Deus traerá toda obra a xuízo, ademais de todo o oculto, sexa bo ou sexa malo.