Capítulo 48

1 Aconteceu despois destas cousas, que alguén lle dixo a Xosé: "mira, o teu pai está enfermo." Así que el colleu os seus dous fillos, Manasés e Efraín. 2 E fíxollo saber a Xacob, mandándolle dicir: "mira, o teu fillo Xosé ven onda ti". Entón Israel reuniu forzas e sentouse sobre o leito. 3 E Xacob díxolle a Xosé: "o Deus Todopoderoso aparecéuseme en Luz, na terra de Canaán, e bendíxome, 4 e díxome: "Eu fareite frutificar e multiplicareite, e poreite por estirpe de nacións, e dareille esta terra a túa descendencia despois de ti por herdanza perpetua." 5 Pois ben, os teus dous fillos Efraín e Manasés, que che naceron na terra de Exipto antes de vir eu vivir contigo a Exipto, son meus, serán para min como Rubén ou Simeón. 6 Pero, a descendencia que enxendres depois deles, serán teus, e polo nome dos seus irmáns recibirán a súa herdanza. 7 En canto a min, ao vir de Padan-aram, morréuseme Raquel na terra de Canaán, comoa unha legua de camiño a Efrata, e sepulteina alí no camiño de Efrata, que é Belén. 8 E mirando Israel os fillos de Xosé, dixo: "quen son estes?" 9 E respondeulle Xosé a seu pai: "son os meus fillos, que Deus deume aquí." E el dixo: "achégamos e bendicireinos." 10 Os ollos de Israel estaban tan afectados pola idade que non podía ver. Achegounos a el, e el bicounos e abrazounos. 11 E díxolle Israel a Xosé: "Non contaba eu con ver o teu rostro, e velaí Deus fíxome ver tamén a túa descendencia." 12 Entón Xosé sacoullos de entre os seus xeonllos, e inclinouse a terra. 13 E tomou Xosé ámbolos dous, Efraín a súa dereita, á esquerda de Israel, e Manasés a súa esquerda, á dereita de Israel, e achegoullos. 14 Entón Israel estendeu a súa man dereita, e púxoa sobre a cabeza de Efraín, que era o menor, e a súa man esquerda sobre a cabeza de Manasés. Puxo a propósito as súas mans así, a pesar de que o primoxénito era Manasés. 15 E Israel bendiciu a Xosé, dicindo: "O Deus con quen andaron os meus pais Abraham e Isaac, o Deus que me pastoreou toda a miña vida ata o día de hoxe, 16 o anxo que me libera de todo mal, bendiga a estes rapaces, e sexa perpetuado neles o meu nome, e o nome dos meus pais Abraham e Isaac, e multiplíquense en gran maneira no medio da terra." 17 Pero Xosé , mirando que o seu pai colocara a man dereita sobre a cabeza de Efraín, disgustouse, e agarrou a man do seu pai, para cambiala da cabeza de Efraín á cabeza de Manasés. 18 E díxolle Xosé a seu pai: "así non, meu pai, porque este é o primoxénito, pon a túa man dereita sobre a súa cabeza." 19 Pero o seu pai non quixo, e replicoulle: "ben cho sei, meu fillo, ben cho sei. Tamén el chegará a ser un pobo, e tamén será engrandecido, pero o seu irmán menor será máis grande ca el, e a súa descendencia será multitude de nacións." 20 E Israel bendíxoos aquel día, dicindo: "por ti bendicirá Israel dicindo: fágate Deus coma a Efraín e coma a Manasés, e puxo a Efraín diante de Manasés." 21 E díxolle Israel a Xosé: "Mira, eu estou a morrer, mais Deus estará convosco, e faravos volver á terra dos vosos pais. 22 Eu douche a ti unha parte máis que aos teus irmás, a que tomei da man do amorreo coa miña espada e co meu arco."