Capítulo 43

1 Pero a fame agravaba na terra. 2 E cando comeron todo o gran que trouxeran de Exipto, o seu pai díxolles: volvede alí e mercádenos máis comida." 3 E Xudá respondeulle: "aquel home foi claro adirvetíndonos: "non veredes o meu rostro se non está o voso irmán convosco." 4 Se mandas con nós ao noso irmán, iremos alí e mercarémosche comida, 5 pero se non o mandas, non iremos, pois aquel home díxonos: "non veredes o meu rostro se o voso irmán non está convosco." 6 E dixo Israel: "por que me fixestes semellante mal dicíndolle a ese home que tiñades outro irmán?" 7 Mais eles dixéronlle: "o home preguntounos por nós e pola nosa familia, dicindo: "voso pai aínda vive? Tedes outro irmán?" E nós respondemos ás súas preguntas. Como iamos saber nós que el diría: "traede a voso irmán?" 8 Xudá respondeulle ao seu pai Israel: "manda o rapaz comigo, e erguerémonos e iremos para que vivamos e non morramos, nin nós, nin ti, nin os nosos fillos. 9 Eu serei responsable del, da miña man o demandarás. Se non cho traio de volta e cho poño diante, sempre serei o culpable para ti. 10 Porque se non nos tivésemos atrasado, xa teriamos volto por dúas veces." 11 Entón seu pai Israel díxolles: "se ten que ser así, facédeo, collede dos mellores productos da terra nas vosas bolsas, e levádelle a aquel home coma agasallo un pouco bálsamo e mel, resina aromática, mirra, noces e améndoas. 12 E levade o dobre de diñeiro, e os cartos que foron devoltos nos vosos sacos, talvez foi un erro." 13 Levade tamén a voso irmán, erguédevos e volvede onda ese home, 14 e que o Deus todopoderoso vos conceda misericordia diante daquel home para que poña en liberdade ao voso outro irmán e a Benxamín. En canto a min, se hei de ser privado dos meus fillos, que así sexa!" 15 Entón os homes levando os obsequios e o dobre de cartos, xunto a Benxamín, erguéronse e foron a Exipto e presentáronse diante de Xosé. 16 Cando Xosé mirou a Benxamín con eles, díxolle ao mordomo da súa casa: "fai entrar estes homes na casa, mata un animal e prepárao, porque eles comerán xantarán comigo." 17 O mordomo fixo como lle dixo Xosé e levou os homes á casa de Xosé. 18 Os homes colleron medo ao verse levados á casa de Xosé e dixeron: "trouxéronnos aquí polo diñeiro que foi devolto nos nosos sacos a primeira vez, para ter pretexto contra nós, arrestarnos e tomarnos como escravos xunto cos nosos burros." 19 Entón acercáronse ao mordomo da casa de Xosé, e faláronlle ás portas da casa, dicindo: 20 "Ai meu señor, en verdade nós viñemos a primeira vez para mercar alimentos, 21 pero sucedeu que cando chegamos á pousada e abrimos os nosos sacos, velaí estaban os cartos de cada un de nós, todo o noso diñeiro. Nós viñemos traelo de volta, 22 e tamén trouxemos máis cartos para mercar comida, pero non sabemos quen puxo o diñeiro nos nosos sacos." 23 E o mordomo respondeu: "paz a vós, non temades. O voso Deus e o Deus do voso pai puxo ese tesouro nos vosos sacos. Eu recibín os vosos cartos." Entón o mordomo troúxolles a Simeón. 24 Despois o mordomo levou os homes á casa de Xosé, e deulles auga, e lavaron os pés, e deulle comida aos seus burros. 25 Entón prepararon o agasallo para a chegada de Xosé ao mediodía, xa que oíran que ían comer alí. 26 Cando Xosé volveu á casa, trouxéronlle o obsequio que tiñan e prostráronse diante del en terra. 27 Entón el preguntoulles como estaban, e dixo: "o voso pai está ben, o ancián do que me falastes? Aínda vive?" 28 E eles dixeron: "o teu servo, o noso pai, está ben, aínda vive." E fixeron reverencia e inclináronse. 29 E el alzou os seus ollos e mirou o seu irmán Benxamín, fillo da súa nai, e dixo: "este é o voso irmán máis novo do que me falastes?" E engadiu: "que a misericordia de Deus sexa contigo, meu fillo". 31 E apresurouse Xose a saír de alí, pois estaba profundamente conmovido a causa do seu irmán, e procurou onde chorar, e entrou na súa recámara e chorou alí. 30 Despois lavou a cara e saíu, e conténdose, ordenou dicindo: "traede a comida!" 32 Pero servíronlles a comida por separado aos irmáns e aos exipcios que comían con Xosé, porque os exipcios non podían tomar alimentos cos hebreos, xa que facer isto era algo detestable para os exipcios. 33 Os irmáns sentáronse diante del, o primoxénito de acordo aos seus dereitos de primoxenitura, e o máis novo conforme a súa menor idade. E estaban atónitos, mirándose os uns aos outros. 34 Xosé mandou porcións da comida que el tiña diante, para eles, mais a porción de Benxamín era cinco veces maior cás porcións de todos eles. E beberon e emborracháronse con el.