Capítulo 16

1 E Sarai, a esposa de Abram, non lle dera fillos, mais tiña unha serva, unha exipcia, chamada Agar. 2 E díxolle Sarai a Abram: Iahveh non me permitiu ter fillos. Vai e deitate coa miña serva e quizáis a trevés dela teñamos fillos. E Abram fíxolle caso. 3 Xa pasaran dez anos dende que Abram se instalara en Canaán, cando Sarai, a súa muller, tomou a Agar, a súa escrava exipcia, e deulla como muller a Abram, o seu marido. 4 E el deitouse con Agar, e ela concibiu. Cando Agar decatouse que agardaba un fillo menospreciou a súa señora. 5 Entón Sarai dixo a Abram: este mal é pola túa culpa! Eu levei á miña serva aos teus brazos e ao ver ela que concibiu, mírame con desprezo; que Iahveh xulgue entre nos os dous. 6 Pero Abram dixo a Sarai: Escoita, a serva é cousa túa, fai o que ben che pareza. Polo tanto Sarai comezou a vexar a Agar facendo que ela fuxise. 7 O anxo de iahveh atopouna no deserto, xunto a unha fonte de auga, unha fonte que se atopa no camiño do Sur. 8 E díxolle: "Agar, escrava de Sarai, de onde vés e a onde vas?" Ela respondeu: Veño de fuxir da miña señora Sarai. 9 10 O anxo de Iahveh díxolle: "Volve xunto á túa ama e sométete á súa autoridade." E engadiu o anxo de Iahveh: "Multiplicarei a túa descendencia de tal xeito que se dará contado". 11 Continuou dicíndolle: ti estás embarazada, e darás a luz un varón, e poraslle de nome Ismael, porque o Iahevh escoitou o teu afliximento. 12 E el será un home bravo, enfrontarase a todos e a man de todos estará contra del; e vivirá cos seus irmáns *na fronte* . 13 E Agar invocou o nome de Iahveh que con ela falaba: Ti es Deus que mira porque dixo: Non vin tamén aquí a aquel que me mira? 14 Polo tanto chamou ao pozo que está entre Cadés e Bared, Laai-Roi, (que quere dicir Pozo do Vivente que me mira). 15 E Agar deu a luz o fillo de Abram e Abram chamou o fillo que tivera con Agar, Ismael. 16 Abram tiña oitenta e seis anos cando Agar deu a luz a Ismael.