1 Abram tiña noventa e nove anos de idade, cando Iahveh se lle apareceu e díxolle: Eu son o Todopoderoso, camiña diante de min e sé íntegro. 2 E farei unha alianza contigo e multiplicarei a túa descendencia grandemente. 3 Abram caeu rostro en terra e Deus faloulle dicindo: 4 en canto a min, este é o pacto que fago contigo, ti serás pai de multitude de pobos. 5 Xa non te chamarás máis Abram, senón que o teu nome agora será Abraham, porque eu fágote pai de multitude de pobos. 6 Fareite extraordinariamente fecundo, de ti xurdirán nacións e reis sairán de ti. 7 Establezo a miña alianza contigo e a túa descendencia, por todas as xeracións. Será unha alianza perpetua, para ser o teu Deus e o da túa descendencia. 8 E dareiche a ti e a túa descendencia despois de ti, a terra na que moras, toda a terra de Canaán en posesión perpetua, e serei o Deus deles. 9 E Deus díxolle ademais a Abraham: Ti, porén, gardarás o meu pacto, ti e a túa descendencia despois de ti e todas xeracións vindeiras. 10 Este é o meu pacto, que gardaredes entre Eu e vós e a túa descendecia despois de ti: Será circuncidado todo varón de entre vós. 11 E circuncidaredes a carne do voso prepucio, e será por sinal do pacto entre Eu e vós. 12 Cada varón de oito días será circuncidado de entre vós nas vindeiras xeracións, o nado na casa, e o mercado por cartos a calquera estranxeiro que non fose da túa liñaxe. 13 Ten que ser circuncidado o nado na túa casa e o mercadp polos teus cartos, e estará o meu pacto na vosa carne por pacto perpetuo. 14 E o varón incircunciso, o que non tivese circuncidado a carne do seu prepucio, esa persoa será extirpada do seu pobo, quebrou o meu pacto. 15 E dixo Deus a Abraham: A Sarai a túa muller non a chamarás Sarai, senón que Sara será o seu nome. 16 E bendicireina, e tamén che darei un fillo por medio dela, e será nai de nacións, reis de pobos sairán dela. 17 Entón Abraham caeu rostro en terra e riu, e dixo no seu corazón: A un home de cen anos halle nacer un fillo? E ha concibir Sara xa de noventa anos? 18 E dixo Abraham a Deus: Que Ismael viva diante de ti! 19 Respondeu Deus: en verdade Sara, a túa muller, daráche un fillo, e chamarás o seu nome Isaac, e establecerei o meu pacto con el como pacto perpetuo para os seus descendentes despois del. 20 En canto a Ismael, tamén te escoitei, heino bendicir e fareino frutificar e fareino e heino multiplicar en gran maneira; enxendrará doce príncipes e farei del unha gran nación. 21 Mais Eu establecerei o meu pacto con Isaac, o que Sara che dará por este tempo o ano que vén. 22 E cando rematou de falar con el, Deus ascendeu por riba de Abraham. 23 Entón tomou Abraham a Ismael, o seu fillo, e a todos os servos nados na súa casa, e todos os mercardos cos seus cartos, a todo varón entre os os homes da casa de Abraham, e circuncidou a carne do seu prepucio naquel mesmo día, como Deus lle dixera. 24 Abraham tiña noventa e nove anos de idade cando circuncidou a carne do seu prepucio. 25 Ismael tiña trece anos de idade cando foi circuncidada a carne do seu prepucio. 26 No mesmo día foron circuncidados Abraham e Ismael o seu fillo . 27 Todos os varóns da súa casa foron circuncidados xuntamente con el, incluídos aqueles nados na súa casa e os mercados a alguén estranxeiro por cartos.