Capítulo 2

Oración de Xonás. 1 Entón orou Xonás a IAHVEH, o seu Deus, dende o ventre do peixe 2 e dixo: clamei a IAHVEH na miña angustia, e Él respondeume. Dende o seo do Seol pedín axuda e escoitaches a miña voz; 3 pois tiráchesme ao profundo , no corazón dos mares, e as correntes rodeábanme ; todas as túas encrespadas olas e as túas ondas pasaron sobre min. 4 Entón dixen: "Fun expulsado de diante dos teus ollos; porén volverei mirar cara o teu santo templo". 5 As augas rodeáronme ata a miña alma,

o gran abismo envolveume,

as algas enredáronse na miña cabeza.

6 Descendín ata as raçices dos montes,

a terra cos seus cerroxos cercáronme para sempre;

pero ti sacaches da fosa da miña vida, oh , IAHVEH Señor meu.

7 Cando desmaiaba a miña alma,

de IAHVEH me lembrei;

a miña oración chegou ata ti,

ata o teu santo templo.

8 Os que confían en ídolos vans

a súa propia misericordia abandona,

9 pero eu con voz de agradecemento

vouche ofrecer sacrificios.

O que prometín, pagareino.

A salvación é de IAHVEH.

10 Entón IAHVEH deulle orde ao peixe, e este vomitou a Xonás en terra seca.