Capítulo 3

1 Amados, esta é a segunda carta que vos escrebo, nas que deperto en vós o voso sinceiro entendimento como recordatorio, 2 Para que lembredes as palabras que dixeron de antemán os santos profetas, e o mandamento do Señor e Salvador manifestado polos vosos apóstolos 3 Antes de nada, tede presente isto: que nos derradeiros días virán burladores que coa sua retranca, e seguindo as suas proprias paixóns, 4 dirán: Onde está a promesa da sua venida? Porque desde que morreron os pais, todo segue tal e coma estaba ao principio da creación. 5 E cando din isto, non se dan de conta de que os ceos xa existían desde moito antes, e tamén a terra saída da auga e establecida entre as augas pola palabra de Deus, 6 polo que o mundo de entón desapareceu inundado pola auga; 7 mais os ceos e a terra actuais están reservados pola sua palabra para o lume, gardados para o dia do xuizo e da destrucción dos impios. 8 Amados, non ignoredes isto: que para o Señor un día é como mil anos e mil anos coma un día. 9 O Señor non tarda en cumprir a sua promesa, segundo alguns teñen por tardanza, senon que é paciente convósco, porque non quere que ninguén pereza, senon que todos veñan ao arrepentimento. 10 Mais o día do Señor virá como ladrón, no que os ceos pasará con grande estrondo, e os elementos serán destruidos con lume intenso, e a terra e as obras que nela hai arderán. 11 Xa que todas estas cousas será destruidas deste xeito, que clase de persoas non seredes vós en santa conducta e en piedade!, 12 esperando e suspirando pola vinda do día do Señor, na que os ceos serán destruidos por lume e os elementos derreterán polo grande calor! 13 Mais segundo a sua promesa, nos esperamos novos ceos e nova terra, nos cais habita a xustiza 14 Pos iso, irmáns, mentres agardades estas cousas, procurade con presteza que El vos ache en paz, sen mancha e irreprensibles, 15 e considerade a paciencia do noso Señor como sanvación, tal e como vos escribiu o noso amado Paulo, segundo a sabiduría que se lle deu. 16 Así mesmo, fala disto nas suas cartas, nas que hai cousas difíciles de entender, que os ignorantes e inestables torcen - como tamén torcen o resto das escrituras - para a sua propria perdición. 17 Polo tanto, amados, coñecendo estas cousas de antemán, estade atentos non sexa que caiades da vosa firmeza arrastrados polo erro da xente sen conciencia; 18 mais ben, crecede na gracia e no coñecemento do noso Señor e Salvador Xesús Cristo. A El sexa a gloria agora e ata o día da eternidade. Amén.