Capítulo 2

1 Mais se levantaron falsos profetas de entre o povo, así como haberá falsos mestres dentre vós, os que encubertamente introducirá herexias destructoras, negando incluso ao Señor que os comprou, traendo sobre si mesmos unha destrucción repentina. 2 Moitos seguirá a sua sensualidade, e por causa deles, o camiño da verdade será blasfemado, 3 e na sua coviza, explotaránnos con palabras falsas. O xuizo deles, desde hai moito tempo non está ocioso, nen a sua perdicion durmida. 4 Porque se Deus non perdonou aos anxos cando pecaron, senon que os botou no inferno e os entregou aos foxos de tebras, reservados para o xuizo; 5 tampouco perdonou ao mundo antigo, sinon que gardou a Noé, predicador de xustiza, con outros sete, cando trouxo o diluvio sobre o mundo de impios, 6 e se condenou á destrucción as cidades de Sodoma e Gomorra, reducindoas a cinzas, poñendoas de exemplo para os que vivirían impiamente despois 7 Se rescatou ao xusto Lot, atormentado polo comportamento lascivo de xentes libertinas 8 (porque ese xusto, polo que vía e ouvía mentres vivia entre eles, sentía a sua alma xusta atormentada todos os días polos feitos inmorais), 9 o Señor, entón, sabe rescatar da tentación aos piadosos e reservar aos inxustos baixo castigo para o día do xuizo. 10 especialmente aos que andan tras dos desexos corrompidos da carne e desprezan a autoridade. Ousados e obstinados, non treman cando blasfeman das maxestades anxelicas, 11 cando os anxos que son maiores en forza e en poder, non dictan xuizo inxurioso contra deles diante do Señor 12 Mais estes, como animais irracionais, nacidos como criaturas destinadas a ser cazados y destruidos, blasfemando do que ignoran, feneceran coa morte destas criaturas, 13 sufrindo o mal coma o pago da sua iniquidade. Contan como deleite andar en placeres todo o día; son manchas e inmundicias, deleitandose nos seus enganos mentres comen convosco. 14 Teñen os ollos cheos de adulterio e nunca paran de pecar; seducen as almas inestables; teñen o corazón exercitado na cobiza; son fillos de maldición 15 Abandonando o camiño recto, perdéronse, seguindo o camiño de Balaam, fillo de Beor, quen amou o pago pola iniquidade, 16 mais foi reprendido pola sua transgresión, xa que unha burra muda, falando con voz humana, reprimiu a loucura do profeta. 17 Estes son fontes secas, bretema empurrada pola treboada, para os que está reservada a oscuridade das tebras. 18 Pois falan con arrogancia e fachenda, seducindo polos desexos carnais, pola sensualidade, aos que acaba de escapar de viviren no error. 19 Prométenlles liberdade, mentres eles mesmos son escravos da corrupción, xa que un é escravo de aquilo que o venceu. 20 Porque se despois de ter escapado das inmundicias do mundo polo coñecemento do noso Señor e Salvador Xesús Cristo, de novo se enredan e se deixan vencer por elas, a sua condicion final ven ser peor que a anterior. 21 Serialles mellor non ter coñecido o camiño da xustiza, que tendoo coñecido, apartarse do santo mandamento que se lles deu. 22 Pasoulles coma naquel proverbio: O CAN VOLTA AOS SEU VÓMITO, e a porca lavada, volta a envorcarse no bulleiro.