1 Despois de todo isto, apareceu Xesús outra vez aos dícipulos no mar de Tiberias. Apareceu do seguinte xeito: 2 Simón Pedro estaba xunto con Tomé, chamado Dídimo, Natanael de Caná de Galilea, os fillos de Zebedeo, e outros dous díscipulos de Xesús. 3 Simón Pedro díxolles: "Vou pescar". Eles respostaronlle: "Nós tamén iremos contigo". Foron e subiron á barca, pero non pescaron ren durante toda a noite. 4 Agora, cando xa era cedo pola mañá, Xesús presentouse na praia, pero os dícipulos non sabían que era Xesús. Díxolles 5 Xesús: "Filliños tedes algo de comer?" Eles respostaronlle: "Non". 6 Díxolles: "Botade a rede cara ao lado dereito e acharedes". Botárona logo e xa non podían sacala pola gran cantidade de peixes. 7 Entón o dícipulo aquel discípulo a quen Xesús amaba díxolle a Pedro: "É o Señor". Cando Simón Pedro ouviiu que era o Señor, cingiuse ca súa túnica (porque estaba nú), e botouse ao mar. 8 Os outros discípulos foron ca barca, non estaban lonxe da terra, como dous centos cóbados (noventa metros), levando a rede chea de peixes. 9 Cando chegaron á terra, viron unhas brasas con peixe sobre elas e pan. 10 Xesús díxolles: "Traede algúns dos peixes que acabades de pescar". 11 Simón Pedro subiu e sacou a rede á terra, chea de peixes grandes, cento cincuenta e tres, e aínda sendo tantos a rede non rompeu