Capítulo18

1 Despois de haber dito isto, Xesús saíu cos seus discípulos ao outro lado da fervanza de Cedrom, onde había unha horta, na que entrou El cos seus discípulos. 2 Tamén Xudas, o que o ía traizoar, coñecía o lugar, porque Xesús reunírase alí amiúdo cos seus discípulos. 3 Entón Xudas, tomando unha tropa romana, e a varios oficiais dos principais sacerdotes e dos fariseos, foi alí con lanternas, fachóns e armas. 4 Xesús, sabendo todas ,as cousas que virian sobre el saiu e díxolles: aA quen buscades? 5 Eles respondéronlle: A Xesús Nazareno. El díxolles: Eu son. E Xudas, o que o traizoaba, estba con eles. 6 E cando El lles dixo: Eu son, recuaron e caeron en terra. 7 Xesús entón volveu preguntarlles: A quen buscades? E eles dixeron: A Xesús Nazareno. 8 Respondeu Xesús: Díxenvos que eu son; por tanto, se me buscades a min, deixade ir a estes; 9 para que se cumprira a palabra que dixera: Dos que me diches, non perdín ningún. 10 Entón Simón Pedro, que tiña un puñal, sacouno e feriu ao servo do sumo sacerdote, e cortoulle a orella dereita. O servo chamábase Malco. 11 Xesús entón dixo a Pedro: Mete o puñal na vaíña. A copa co Pai me deu, acaso non a hei beber? 12 Entón a tropa romana, o comandante e os oficiais dos xudeos prenderon a Xesús e atárono, 13 e levárono primeiro ante Anás, porque era sogro de Caifás, que era sumo sacerdote ese ano. 14 E Caifás era o que aconsellara aos xudeos que conviña que un home morrese polo pobo.