1 E visitou IAHVEH a Sara tal como dixera, e fixo IAVHEH con Sara tal como prometera. 2 E concibiu Sara e deulle un fillo a Abraham na súa vellez no tempo que Deus dixera. 3 E Abraham chamou ao fillo que lle naceu, o cal lle deu Sara, Isaac. 4 E circuncidou Abraham a seu fillo Isaac aos oito días como Deus lle mandara. 5 E era Abraham de cen anos cando lle naceu seu fillo Isaac. 6 E comentou Sara: Deus fíxome rir, calquera que o oa, rirá comigo. 7 E engadiu: Quen lle tería dito a Abraham que Sara habería de dar de mamar a filhos? Pois ben que lle deu un fillo na súa vellez. 8 E medrou o cativo e foi desleitado, e Abraham fixo un gran banquete no día que Isaac foi desleitado. 9 E viu Sara ao fillo de Agar a exípcia, o cal lle dera a Abraham, que se metía co seu fillo Isaac. 10 E díxolle a Abraham: Boa a esta escrava máis o seu fillo, pois o fillo da escrava non herdará xunto co meu fillo Isaac. 11 E Abraham agoniouse moito por este tema por que non deixaba de ser o seu fillo*. 12 Máis Deus díxolle a Abraham: Non te agonies polo rapaz nin pola túa serva, faille caso a todo o que Sara che diga, porque Isaac será chamada a túa descendencia. 13 E tamén farei do fillo desta escrava unha nación por mor de ser descedente (semente túa*) teu. 14 Ergueuse Abraham ben cedo pola mañá, tomou pan e un odre de auga, e deullelo a Agar e ao rapaz, pondollelo aos ombros e despediunos. E marchou ela, andando errante polo deserto de Beerseba. 15 E ao acabar a auga do odre, ela abandonou ao rapaz debaixo duns dos arbustos. 16 E foise, e sentou non moi lonxe, coma a tiro de arco de distancia, porque dicía: "Que eu non vexa a morte do rapaz." E sentou enfronte e alzou a súa voz e chorou. 17 E Deus oíu a voz do rapaz chorando, e ao anxo de Deus chamou a Agar desde o ceo e preguntoulle: "Que che pasa Agar? Non temas, porque Deus oíu a voz do rapaz aí onde está. 18 Érguete, levanta ao rapaz e cólleo da túa man, porque eu vou facer de el unha gran nación." 19 E Deus abriulle os ollos, e ela viu un pozo de auga, e foi e encehu o odre da auga e deulle de beber ao rapaz. 20 E Deus estaba co rapaz, que medrou vivindo no deserto e fíxose arqueiro. 21 E morou no deserto de Parán e a súa nai conseguíulle unha esposa procedente da Terra de Exipto 22 Aconteceu por aquel tempo que Abimelec xunto a Ficol, o xefe do seu exército, comentáronlle a Abraham, dicindo: "Deus Está contigo en todo o que fas, 23 agora pois, xúrame aquí por Deus que non nos traizoarás, nin a min, nin os meus fillos nin a descendencia deles, polo contrario ao igual que eu me portei ben contigo ti te portarás así conmigo na terra onde habitas." 24 E Abraham respondeulle:"Xúroo" 25 Pero Abraham queixouse a Abimelec a causa dun pozo de auga do cal os servos de Abimelec apropiáranse. 26 E Abimelec díxolle: Eu non sei que fixo iso, nin ti me dixeras ren, nin escoitara nada ata hoxe. 27 E Abraham tomou ovellas e vacas e deullelos a Abimelec. E os dous fixeron un pacto. 28 Entón Abraham apartou sete añas do rabaño. 29 E Abimilec preguntoulle a Abraham: "Que me queres con estas ovella que puxeches aparte?" 30 E el respondeu: "Tomarás estas setes añas da miña man coma testemuña de que eu fun quen cavou este pozo." 31 E chamoulle entón a ese lugar Beerseba, porque alí fixeron un xuramento os dous. 32 Fixeron pois un pacto en Beerseba, e entón erguéronse Abimelec e FIcol, xefe do seu exército e regresaron a terra dos filisteos. 33 E Abraham plantou unha tamargueira en Beerseba. Alí invocou o nome do Señor, o Deus eterno. 34 E percorreu Abraham a terra dos filisteos por moitos días