Capítulo 27

1 Cando se decidiu que deberiamos embarcamos para Italia, foron entregados Pablo e algúns outros presos a un centurión da compañía Augusta chamado Xulio. 2 E embarcamos nunha nave adramitena que estaba para zarpar cara as rexións da costa de Asia, fixémonos ao mar acompañados por Aristarco, un macedonio de tesalónica. 3 Ao día seguinte chegamos a Sidón. Xulio tratou a Pablo con benignidade permitíndolle ir aos seus amigos e ser atendido por eles. 4 De alí partimos e navegamos ao abrigo da illa de Chipre porque os ventos eran contrarios. 5 E despois de navegar atravesando o mar fronte as costas de Cilicia e de Panfilia, chegamos a Mira de Licia. 6 Alí o centurión atopou unha nave alexandrina que ía para Italia e embarcounos nela. 7 E despois de navegar lentamente por moitos días, e de chegar con dificultade fronte a Gnido, pois o vento non nos permitiu avanzar máis, navegamos ao abrigo de Creta, fronte a Salmón 8 e costeándoa con dificultade, chegamos a un lugar chamado Bos Portos, cerca do que estaba a cidade de Lasea. 9 Cando xa pasara moito tempo e a navegación se volvera perigosa, pois atao Xaxún xa pasara, Pablo aconsellábaos 10 dicíndolles: Amigos, estou vendo que de seguro esta viaxe vai ser con prexuizo e graves pérdidas, non só do cargamento e a nave, senón tamén das nosas vidas. 11 Pero o centurión confiou máis no dito polo piloto e o capitán do barco que polo que Pablo dicía. 12 E como o porto non era axeitado para ivernar, a maioría tomou a decisión de facerse ao mar dende alí, por se lles era posible arribar en Fenice, un porto de Creta que mira cara ao nordeste e ao sudeste, e pasar o inverno alí. 13 Cando comezou a soprar un moderado vento do sur, crendo que lograran o seu propósito, levaron anclas e navegaban costeando Creta. 14 Pero non moito despois, dende terra comezou a soprar un vento furacanado que se chama Euroclidón 15 e sendo azotada a nave, e non podendo facer fronte ao vento abandonámonos a el e deixámonos levar á deriva. 16 Navegando ao abrigo dunha pequena illa chamada Clauda, con moita dificultade poidemos suxeitar o esquife. 17 Despois que o alzaron, usaron amarras para cinguir a nave; e temendo encallar nos bancos de Sirte, botaron a áncora flotante e abandonáronse á deriva. 18 Ao día seguinte, namentres eramos axitados furiosamente pola tormenta, comenzaron a botar a carga. 19 E ao terceiro día, coas súas propias mans, botaron ao mar os aparellos da nave. 20 Como nin o sol nin as estrelas apareceron por moitos días, e unha tempestade non pequena abatíase sobre nós, dende entón fomos abandoando toda esperanza de salvarnos. 21 Cando pasaran moitos días sen comer, Pablo púxose en pé en medio deles e dixo: Amigos, se me fixerades caso e non zarpasemos de Creta, aforrabamos este perxuizo e perda. 22 Pero agora vos aconsello que teñades bo ánimo, porque non haberá perda de vida entre vós, senón só o barco. 23 Porque esta noite estivo na miña presenza un anxo do Deus de quen son e a quen sirvo, 24 dicindo: "Non temas, Pablo, has comparecer ante o César, e Deus concedeuche todos os que navegan contigo". 25 Polo tanto, tede bo ánimo amigos, porque eu confío en Deus que será exactamente coma se me dixo. 26 Pero temos que encallar en certa illa. 27 E chegada a décima cuarta noite, namentres eramos levados á deriva no mar Adriático, a iso da medianoite os mariñeiros ventaban que se estaban acercando á terra. 28 Botaron a sonda e acharon que había vinte brazas, pero un pouco máis adiante volveron a botar a sonda e acharon quince brazas de profundidade. 29 E temendo que nalgún lugar foramos dar contra as rochas, botaron catro áncoras pola popa e ansiaban que amencera. 30 Como os mariñeiros trataban de escapar da nave e baixaran o esquife ao mar, baixo o pretexto de que ían botar as áncoras dende a proa, 31 Pablo dixo ao centurión e aos soldados: Se estos non permanecen na nave, vós non poderedes salvarvos. 32 Entón os soldados cortaron as amarras do esquife e deixaron que se perdera. 33 E ata que estaba a piques de amencer, Pablo aconsellaba a todos que tomaran algún alimento, dicindo: Hai xa catorce días que, velando contínuamente estades en xaxún, sen tomar alimento ningún. 34 Por iso aconséllovos que tomedes alimento, porque isto é preciso para a vosa supervivencia, pois nin un só cabelo da cabeza de ningún de vós perecerá. 35 Unha vez dito isto, tomou o pan e deu grazas a Deus en presenza de todos, e partíndoo comenzou a comer. 36 Entón todos, tendo xa bo ánimo, tomaron tamén alimento. 37 En total eramos na nave duascentas setenta e seis persoas. 38 Unha vez cheos, alixeiraron a nave botando o trigo ao mar. 39 Cando se fixo de día, non recoñecían a terra, pero podían distinguir unha enseada que tiña praia e decidiron lanzar a nave cara a ela, se lles era posible. 40 E cortando as áncoras, deixáronas no mar, afrouxando ao mesmo tempo as amarras dos timóns e izando a vela de proa ao vento, dirixíronse cara a praia. 41 Pero batendo contra unha rocha onde se atopan dúas correntes encallaron a nave, a proa clavouse e quedou inmóbil, pero a proa rachaba pola forza das ondas. 42 E o plan dos soldados era matar aos presos, para que ningún escapara a nado, 43 pero o centurión, querendo salvar a Pablo, impediu o seu propósito, e ordenou que os que poidesen nadar se lanzaran pola borda e chegaran a terra, 44 e os demais seguiran, algúns en tablóns, e outros en diferentes obxectos da nave. E sucedeu que todos chegaron salvos á terra.