Capítulo 24

1 Cinco días máis tarde, o sumo sacerdote Ananías descendeu con algúns anciáns e con un abogado chamado Tértulo e presentaron ao gobernador os seus cargos contra Pablo. 2 Despois que chamaron a Pablo, Tértulo comezou a acusalo dicindo ao gobernador: Xa que por ti obtivemos moita paz e que pola túa providencia estanse levando a cabo reformas en favor desta nación, 3 nós por tódolos medios e en todas partes, recoñecemos isto con profunda gratitude, excelentísimo Félix. 4 Pero para non amolarte máis, suplico que coa túa bondade, nos concedas unha breve audiencia. 5 Pois descubrimos que este home é verdadeiramente unha praga e que provoca disensións entre tódolos xudeos polo mundo enteiro, e é lider da herexía dos nararenos. 6 Mesmo tratou de profanar o templo, entón arrestámolo e quixemos xulgalo conforme á nosa lei. 7 Pero intervindo o comandante Lisias, con gran violencia quitounolo das mans, 8 mandando aos seus acusadores que viñeran canda ti. Se ti mesmo o interrogas sobre todo o que dixo, poderás conformar as cousas das que o acusamos. 9 Os xudeos uníronse tamén á acusación asegurando que así era todo. 10 Despois que o gobernador lle fixo un aceno para que falara, Pablo respondeu: Sabendo que por moitos anos ti foches xuiz desta nación, con gusto presento a miña defensa, 11 posto que ti podes comprobar o feito de que non hai máis de doce días que subín a Xerusalén a adorar. 12 E nin no templo, nin nas sinagogas, nin na cidade me atoparon discutindo con ninguén nin facendo motíns. 13 Nin tampouco poden probarte do que agora me acusan. 14 Pero isto admito ante ti, que segundo o Camiño que eles chaman herexía, eu sirvo ao Deus dos nosos pais, crendo todo o que é conforme á lei e que está escrito nos profetas; 15 tendo a mesma esperanza en Deus que estos tamén agardan, de que certamente haberá unha resurrección tanto dos xustos coma dos impíos. 16 Por isto, eu tamén me esforzo por conservar sempre unha conciencia irreprensible diante de Deus e diante dos homes. 17 E, despois de varios anos, vin para traer esmolas á miña nación e presentar ofrendas; 18 facendo isto me atopaba no templo, despois de purificarme, non con multitude nin con barullos. 19 Pero estaban alí certos xudeos de Asia e que deberían presentarse aquí ante ti e acusarme se tivesen algo contra mi 20 Ou se non, que estos mesmos digan que delito atoparon cando comparecín ante o concilio, 21 a non ser por esta soa declaración que fixen en alta voz namentres estaba entre eles: "Pola resurrección dos mortos son xulgado hoxe ante vós". 22 Entón, Félix, coñecendo con maior exactitude as cousas acerca do Camiño, pospuso o faio dicindo: Cando veña o comandante Lisias decidirei o voso caso. 23 E deu ordes ao centurión de que gardara a Pablo baixo custodia, pero con algunha medida de liberdade e que non impedise a ningún dos seus amigos que o servise. 24 Pero poucos días máis tarde, chegou Félix con Drusila, a súa muller que era xudea, e mandou traer a Pablo e oiuno falar sobre a fe en Cristo Xesús. 25 E ao disertar Pablo sobre a xustiza, o dominio propio e o xuizo vindeiro, Felix atemorizado dixo: Vaite agora, pero cando teña tempo mandareite chamar. 26 Ao mesmo tempo tiña esperanza de que Pablo lle dera cartos, por iso acostumaba chamalo con frecuencia e conversar con el. 27 Pero discorridos dous anos, Porcio Festo chegou como sucesor de Félix, e desexando facer un favor aos xudeos, Felix deixou preso a Pablo.