1 Despois disto, Pablo saiu de Atenas e foi a Corinto 2 e atopouse cun xudeu que se chamaba Aquila, natural de Ponto, quen acababa de chegar de Italia con Priscila, a súa muller, pois Claudio ordenara a tódolos xudeus que saísen de Roma. Foi a eles, 3 e coma el era do mesmo oficio, quedou con eles e traballaban xuntos, pois o oficio deles era facer tendas. 4 E disertaba na sinagoga tódolos días de repouso, e tentaba persuadir a xudeus e gregos. 5 Cando Silas e Timoteo descenderon a Macedonia, Pablo adicábase por completo á predicación da palabra, testemuñando solemnemente aos xudeus que Xesús era o Cristo. 6 Pero cando eles se puxeron en contra e blasfemaron, el sacudiu as súas roupas e díxolles: A vosa sangue sexa sobre as vosas cabezas; eu son limpo; dende agora ireime aos xentís. 7 E partindo de alí, foise a casa dun home chamado Ticio Xusto, que adoraba a Deus cuxa casa estaba preto da sinagoga. 8 E Crispo, o oficial da sinagoga, creeu no Señor con toda a súa casa e moitos dos corintios, ao oír, crían e eran bautizados. 9 E por medio dunha visión durante a noite, O Señor díxolle a Pablo: Non temas, segue falando e non cales; 10 porque eu estou contigo, e ninguén te atacará para facerche dano, porque eu teño moito pobo nesta cidade. 11 E quedou alí un ano e seis meses, ensinando a palabra de Deus entre eles. 12 Pero saíndo Galión procónsul de Acaia, os xudeus levantáronse a unha contra Pablo e trouxéronno ante o tribunal 13 dicindo: Este persuade aos homes a que adoren a Deus en forma contraria á lei. 14 E cando Pablo ía falar, Galión dixo aos xudeus: Se fora cuestión dunha inxustiza ou crime depravado, ou xudeus, eu atenderíavos como sería razoable. 15 Pero se son cuestións de palabras e nomes, e da vosa propia lei, alá vós; non estou disposto a ser xuiz destas cousas. 16 E botounos do tribunal. 17 Entón todos eles botaron man de Sóstenes, o oficial da sinagoga, e golpeábano fronte ao tribunal, pero Galión non facía caso de nada disto. 18 E Pablo, despois de quedarse moitos días máis, despediuse dos irmáns e embarcou cara a Siria, e con él ían Priscila e Aquila. E en Cencrea fíxose cortar o cabelo, porque tiña feito un voto. 19 Chegaron a Éfeso e deixounos alí. E entrando el na sinagoga, discutía cós xudeus. 20 Cando lle rogaron que se quedara máis tempo, non o consintiu, 21 senón que se despediu deles dicindo: Volverei a vós outra vez, se Deus quere. E zarpou a Éfeso. 22 Ao desembarcar en Cesarea, subiu a Xerusalén para saudar á igrexa, e logo descendeu a Antioquía. 23 E despois de pasar alí algún tempo, saiu percorrendo por orde a rexión de Galacia e de Frixia, fortalecendo a tódolos discípulos. 24 Chegou entón a Éfeso un xudeu que se chamaba Apolos, natural de Alexandría, home elocuente, e que era poderoso nas Escrituras. 25 Este fora instruído no camiño do Señor, e sendo fervente en espírito, falaba e ensinaba con exactitude as cousas referentes a Xesús, aínda que só coñecía o bautismo de Xoán. 26 E comenzou a falar valentemente na sinagoga. Pero cando o escoitaron Priscila e Aquila, levárono aparte e explicáronlle con maior exactitude o camiño de Deus. 27 Cando el quiso pasar a Acaia, os irmáns animárono, e escribiron aos discípulos para que o recibiran; e cando chegou, axudou moito aos que por graza creran, 28 porque rebatía con rixo en público aos xudeus, demostrando polas Escrituras que Xesús era o Cristo.