1 2 E algúns descenderon de xudea e ensinaban aos irmáns: Se non vos circuncidades conforme ao rito de Moisés, non podedes ser salvos. 2 Como Pablo e Bernabé tiveran gran controversia e debate con eles, os irmáns determinaron que Pablo e Bernabé e algúns outros deles subiran a Xerusalén aos apóstolos e aos anciáns para tratar este debate. 3 Así que, sendo enviados pola igrexa, pasaron por Fenicia e Samaria, relatando polo miúdo a conversión dos xentís e causaban gran gozo a tódolos irmáns. 4 Cando chegaron a Xerusalén, foron recibidos pola igrexa, os apóstolos e os anciáns e informaron de todo o que Deus fixera con eles. 5 Pero algúns da secta dos fariseos que creran levantáronse dicindo: É preciso circuncidalos e mandarlles que garden a lei de Moisés. 6 Entón os apóstolos e os anciáns reuníronse para examinar este asunto. 7 E despois de moito debate, Pedro levantouse e díxolles: Irmáns, vos sabedes que nos primeiros días Deus me escolleu de entre vós que pola miña boca os xentís oísen a palabra do evanxelio e creran. 8 E Deus, que coñece o corazón, deulles testemuña dándolles o Espírito Santo, así como tamén nolo deu a nós; 9 e ningunha distinción fixo entre nós e eles, purificando pola fe os seus corazóns. 10 Agora pois, por qué tentades a Deus poñendo sobre o pescozo dos discípulos un xugo que nin nosos pais nin nós poidemos levar? 11 Cremos máis ben que somos salvos pola gracia do Señor Xesús, do mesmo xeito que eles tamén o son. 12 Toda a multitude fixo silencio, e escoitaban a Bernabé e a Pablo, que relataban as sinais e prodixios que Deus fixera entre os xentís por medio deles. 13 Cando remataron de falar, Xacobe respondeu dicindo: Escoitádeme, irmáns. 14 Simón relatou cómo Deus ao principio tivo a ben tomar de entre os xentís un pobo para o seu nome. 15 E con isto concordan as verbas dos profetas, tal e como está escrito: 16 DESPOIS DISTO VOLTAREI, E REEDIFICAREI O TABERNÁCULO DE DAVID QUE CAEU. E REEDIFICAREI AS SÚAS RUINAS, E LEVANTAREINO DE NOVO, 17 PARA QUE O RESTO DOS HOMES BUSQUE AO SEÑOR, E TÓDOLOS XENTÍS QUE SON CHAMADOS POLO MEU NOME, 18 DI O SEÑOR, QUE FAI SABER TODO ISTO DENDE TEMPOS ANTIGOS. 19 Polo tanto, eu opino que non amolemos aos que de entre os xentís se convirten a Deus, 20 senón que lles escribamos que se absteñan de cousas contaminadas polos ídolos, de fornicación, do esganado e do sangue. 21 Porque Moisés dende xeracións antigas ten en cada cidade aos que o proclaman pois tódolos días de repouso é lido nas sinagogas. 22 Entón pareceulle ben aos apóstolos e aos anciáns, con toda a igrexa, escoller de entre eles algúns homes para envialos a Antioquía con Pablo e Bernabé: a Xudas, chamado Barsabás, e a Silas, homes prominentes entre os irmáns, 23 e enviaron esta carta con eles: Os apóstolos e os irmáns que son anciáns, aos irmáns en Antioquía, Siria e Cilicia que son dos xentís, saúdos. 24 Posto que oímos que algúns de entre vós, aos que non autorizamos, inquietáronvos coas súas verbas, perturbando as vosas almas, 25 pareceunos ben, chegado a un común acordo, escoller algúns homes para envialos a vós cos nosos amados Bernabé e Pablo, 26 homes que arriscaron a súa vida polo nome do noso Señor Xesúscristo. 27 Polo tanto, enviamos a Xudas e a Silas, que tamén vos informarán das mesmas cousas verbalmente. 28 Porque pareceu ben ao Espírito Santo e a nós non impoñervos maior carga que estas cousas esenciais: 29 que vos absteñades das cousas sacrificadas aos ídolos, do sangue, do esganado e de fornicación. Se vos gardades de tales cousas, ben faredes. Pasádeo ben. 30 Así que eles, despois de seren despedidos, descenderon a Antioquía; e reunindo á congregación, entregaron a carta; 31 e cando a leron, regocixáronse polo consolo que lles producía. 32 Sendo Xudas e Silas tamén profetas, exhortaron e confortaron aos irmáns cunha longa mensaxe. 33 E despois de pasar alí algún tempo, foron despedidos en paz polos irmáns para voltar a aqueles que os enviaran. 34 Pero a Silas pareceulle ben quedarse alí. 35 Mais Pablo e Bernabé quedaron en Antioquía ensinando e predicando con moitos outros a palabra do Señor. 36 Despois de algúns días Pablo dixo a Bernabé: Voltemos e visitemos aos irmáns en tódalas cidades onde pregoamos a palabra do Señor para ver cómo están. 37 Bernabé quería levar tamén con eles a Xoán, chamado Marcos, 38 pero Pablo consideraba que non debían levar con eles a quen desistira en Panfilia e non os acompañara na obra. 39 Entón xurdiu unha liorta, así que se separaron un do outro, e Bernabé tomou a Marcos con él e embarcaron cara a Chipre. 40 Mais Pablo escolleu a Silas e partiu, sendo encomendado polos irmáns á graza do Señor. 41 E viaxaba por Siria e Cilicia confirmando ás igrexas.