Capítulo 5

1 Sede, pois, imitadores de Deus como fillos amados; 2 e andade en amor, así como tamén Cristo vos amou e entregou a si mesmo por nos, ofrenda e sacrificio a Deus, como recendo fragante 3 Mais que nen siquera se mencione entre vos toda inmoralidade e toda impureza ou avaricia, como corresponde aos santos. 4 Nen sequera haxa obscenidade, nen necedade, nen groserias, que non son apropriadas, senon mais ben accions de grazas 5 Porque vos sabedes isto con seguridade: que nengún inmoral, impuro ou avaro, o cal é idolatra, ten herdaza no reino de Cristo e de Deus. 6 Que ninguén vos engane con palabras baleiras, xa que por estas cousas ven a ira de Deus sobre os fillos de desobediencia. 7 Polo tanto, non participedes con eles. 8 porque antes erades tebras, mais agora sodes luz no Señor, andade commo fillos de luz. 9 Porque o fruto da luz é toda bondade, xustiza e verdade. 10 Considerade que é o que agrada ao Señor, 11 e non participedes nas obras improductivas nota do traductor: na LBLA aparece como "estériles" f* 12 Porque dá vergoña mesmo falar das cousas que eles fan as agchadas 13 Mais todas as cousas se ven cando son expostas á luz, 14 xa que todo se fai visible é luz. Por iso se di: Acorda ti que dormes, e érguete de entre os mortos, e Cristo te alumeará. 15 Polo tanto, tende coidado de como andades; non coma imprudentes, senon como sabios, 16 aproveitando ben o tempo, porque os dias son maos. 17 Así pois, non sexades babecos, senon entendede cal é a vontade do Señor 18 E non vos emborrachedes con viño, o que leva á libertinaxe, senon enchédevos do Espírito, 19 falando entre vós con salmos, himnos e cantos espirituais, cantando e louvando co voso corazón ao Señor; 20 dando sempre grazas por todo no nome do noso Señor Xesús Cristo, a Deus o Pai; 21 someténdovos os uns aos outros no temor de Cristo 22 As mulleres sométanse aos seu proprios maridos coma ao Señor. 23 Xa que o marido é a cabeza da muller, así como Cristo é cabeza da igrexa, sendo El mesmo Salvador do corpo. 24 Mais así coma a igrexa está suxeita a Cristo, tamén as mulleres teñen que estálo aos seus homes en todo. 25 Maridos, amade as vosas mulleres así coma Cristo amou a igrexa e se deu El mesmo por ela para santificála, 26 Purificada polo lavamento de auga coa palabra, 27 para presentála ante si mesmo sen mancha nen enruga nen cousa semellante, senon que sexa santa e sen mancha. 28 Así tamén os maridos deben amar as súas mulleres coma aos seus proprios corpos. O que ama a súa muller, a si mesmo se ama. 29 Porque ninguen odiou nunca ao seu proprio corpo, senon que o alimenta e o cuida, así tamén Cristo á igrexa; 30 porque somos membros do Seu corpo. 31 Por isto, o home deixará ao seu pai e a súa nai e se unirá á súa muller, e os sous serán unha soa carne. 32 Grande misterio é este, mai falo en referencia a Cristo e a igrexa. 33 De calquera xeito, cada un de vós ame a súa muller como a si mesmo, e que a muller respete ao seu marido


nota do traductor: na LBLA aparece como "estériles" f* das tebras, senon mais ben, denunciádeas.