Capítulo 3

1 Por esta causa eu, Paulo, prisioneiro de Cristo Xesús por amor de vós os xentís, 2 (Se escoitastes da administración da graza que Deus me deu no voso favor; 3 que se me deu a coñecer por revelación o misterio, tal e como antes escribín brevemente. 4 En vista do que, lendo, podedes entender o meu discernimento do misterio de Cristo, 5 que noutras xeracións non se dera a coñecer á humanidade, como agora lle-lo manifesta o Espírito aos santos apóstolos e profetas 6 Isto é, que os xentís son coherdeiros e membros dun só corpo, participando en igualdade da promesa en Cristo Xesús mediante o evanxeo, 7 do que son ministro, conforme ao don da gracia de Deus que se me concedeu segundo o seu poder. 8 A min, que son o menor do mais pequeno de todos os santos, se me concedeu esta gracia: anunciar aos xentís as insondables riquezas de Cristo 9 e sacar á luz cal é a dispensación do misterio que por séculos estivo oculto en Deus, creador de todas as cousas 10 Co fin de que a infinita ( n.d.t: no orixinal multiforme ) sabedoría de Deus sexa dada a coñecer pola igrexa a principados e potestades nas rexións celestiais, 11 conforme ao propósito eterno que foi por medio de Cristo Xesús, noso Señor, 12 en quen temos liberdade e acceso a Deus con confianza por medio da fe en El. 13 Prego, por tanto, que non vos desanimedes por causa das miñas tribulacións por vós, porque son a vosa gloria). 14 Por isto, axeonllome ante o Pai do noso Señor Xesús Cristo, 15 de quen recibe nome toda a familia no ceo e na terra, 16 que vos conceda conforme ás riquezas da súa gloria, ser fortalecidos no home interior co poder do seu Espírito 17 de xeito que Cristo habite nos vosos corazóns pola fe; enraizados e fundamentados no amor, 18 para que sexades capaces de comprender xunta con todos os santos cal é a anchura, a lonxitude, a altura e a profundidade, 19 e de coñecer o amor de Cristo que sobrepasa o coñecemento , para que sexades completamente cheos de toda a plenitude de Deus. 20 E a aquel que é poderoso para facer todas as cousas moito máis abundantemente do que pedimos ou entendemos, segundo o poder que obra en nós, 21 a El sexa a gloria no igrexa e en Cristo Xesús por todas as xeracións, polos séculos dos séculos. Amén.