Capítulo 2

1 Cando chegou o día de Pentecoste, estaban todos xuntos no mesmo lugar. 2 De súpeto, veu un ruido do ceo coma o dun refacho de vento forte que encheu a casa onde estaban sentados 3 e se lles apareceron linguas como de lume que, repartindose, pousaron sobre cada un deles. 4 Todos foron cheos do Espirito Santo e comezaron a falar noutras linguas, segundo o Espiritu lles concedía para expresarse 5 Había xudeos que vivían en Xerusalén, homes piadosos , procedentes de todas as nacións da terra. 6 E ao facerse este estrondo, xuntouse unha multitude; e estaban desconcertados porque cada un os ouvía falar na súa propia lingua. 7 Estaban asombrados e maravillados, dicindo: Mirade, non son galileos todos estes que están falando? 8 Como é que cada un de nos os ouve falar na nosa lingua natal? 9 Partos, medos e elamitas, habitantes de Mesopotamia, de Xudea, de Capadocia, do Ponto e de Asia, 10 de Frixia e de Panfilia, de Exipto e das rexións de Libia ao derredor de Cirene, viaxeiros de Roma, 11 tanto xudeos como prosélitos, cretenses e árabes, lles ouvimos falar nos nosos idiomas das maravillas de Deus. 12 Todos estaban asombrados e ademirados, dicindose uns a outros: que quer dicir isto? 13 Mais outros facían burla e dicían: "Están cheos de viño" 14 Entón Pedro, poñendose en pé cos once, levantou a voz e lles dixo: Varóns xudeos e todos os que vivides en Xerusalén, entendede ben e prestade atención as miñas palabras, 15 porque non estamos bébedos como pensades, xa que é só a hora terceira do día 16 sinon que isto o dixera o profeta Xoel: 17 E ACONTECERÁ NOS ÚLTIMOS DÍAS - di Deus - QUE DERRAMAREI DO MEU ESPÍRITO SOBRE TODA CARNE; E OS VOSOS FILLO E AS VOSAS FILLAS PROFETIZARÁN, OS VOSOS XOVENS TERÁN VISIÓNS E OS VOSOS ANCIANOS TERÁN SOÑOS; 18 E AINDA DERRAMAREI DO MEU ESPÍRITO SOBRE OS MEUS SERVIDORES E AS MIÑAS SERVIDORAS NESES DÍAS, e profetizarán. 19 E FAREI MARABILLAS ENRIBA NO CEO E SINAIS ENBAIXO NA TERRA: SANGUE, LUME E COLUNA DE FUME. 20 E O SOL SE VOLTARÁ ESCURIDADE E A LÚA EN SANGUE, ANTES DE QUE VEÑA O DÍA GRANDE E GLORIOSO DO SEÑOR. 21 E ACONTECERÁ QUE TODO AQUEL QUE INVOQUE O NOME DO SEÑOR SERÁ SALVO. 22 Israelitas, ecoitade estas palabras: Xesús o Nazareno, home confirmado por Deus entre vos por milagres, prodixios e sinais que Deus fixo en medio de vos por El, tal e como sabedes, a este, 23 entregado polo plan predeterminado e co coñecemento previo de Deus, clavachedes nunha cruz por mans de impio e o matachedes, 24 a quen Deus resucitou, poñendo fin á agonía da morte, xa que non era posible que El quedase preso dela.